O alcalde sinalou que a humanización de Tomás Alonso adiántase a setembro, cunha árbore cada cinco metros
Abel Caballero visitou este venres os traballos de mellora da rúa Tomás Alonso, entre Pi i Margall e a Praza da Industria, que leva un mes de adianto polo que en setembro estará rematado, segundo salientou o alcalde. Caballero tamén subliñou que a obra emprega a 10 persoas procedentes do INEM.