O alcalde visitou a mellora de Subida Ás Ánimas do Plan "BIAL", que emprega a 65 persoas durante un ano
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, visitaron hoxe xoves a construción da beirarrúa e mellora da rede de saneamento e abastecemento que se está a levar a cabo na rúa Subida ás Ánimas, dentro do plan municipal "Bial"; que conta cun millón de euros de orzamento para formar e insertar no mercado laboral a 65 desempregados.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, visitaron este xoves as obras de mellora da rúa Subida ás Ánimas, dentro do plan municipal "Bial", que emprega e forma durante un ano a 65 persoas.
O alcalde salientou que non se efectuaba unha mellora na zona "desde fai 20 anos", polo que o goberno local decidiu construir unha beirarrúa de medio quilómetro e renovar as canalizacións soterradas da estrada, obra na que están a traballar 12 persoas procedentes do INEM durante catro meses. É parte das "actuacións masivas en toda a cidade", o que "non sucedera nunca na cidade", indicou o alcalde.
Abel Caballero apuntou que o "Bial" forma e emprega a 65 persoas con dificultades de inserción laboral e procedentes do desemprego durante un ano, ao tempo que perciben un salario. O Concello levará a cabo o programa o vindeiro ano, segundo expresou o alcalde.
Os empregados a través do programa da Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe Santos Héctor realizan, ademais de melloras nas rúas, otras actuacións de reparacións de emerxencia, cantería e carpintería, por exemplo.
Descargar todas as imaxes