Escoitar

O alcalde asegura que Vigo optará o vindeiro verán a "unha ou dúas bandeiras azuis máis"

O alcalde, Abel Caballero, e o vicepresidente da entidade que outorga as bandeiras (ADEAC), José Palacios, visitaron este mércores a praia do Vao, onde Palacios ratificou as sete distincións recibidas este verán polos areais vigueses, e o alcalde anunciou que poranse as medidas para incrementar o número de bandeiras o próximo ano.

mércores, 19 ago 2009
1250687092vao.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que o Concello traballará para optar o vindeiro ano a "unha ou dúas bandeiras azuis máis", que sumaríanse ás sete que xa ondean nos areais vigueses.

O alcalde e o vicepresidente de ADEAC, a entidade que concede estas distincións, Jose Palacios, visitaron este mércores O Vao, onde Palacios entregoulle ao alcalde o "informe positivo" que permite o mantemento das bandeiras azuis para este verán.

O informe tamén propón suxestións de mellora cara ao futuro, "cousas que se poden mellorar facilmente" -indicou José Palacios- e que permitirían á cidade de Vigo ser un "modelo" en xestión ambiental. O alcalde sinalou que esa é a "ambición" do Concello para os próximos anos, e mostrou a súa "satisfacción" polo mantemento das distincións.

Da inspección realizada por ADEAC, Palacios destacou a recuperación dunar de O Vao –un "tesoro" que anima a continuar-, a campaña "modélica" de preservación das algas nos areais, e pediu ampliar a tres as embarcacións de rescate e continuar coa mellora nos servizos de salvamento e socorrismo que este ano levou á cidade de Vigo a obter unha distinción temática a nivel estatal.
Descargar todas as imaxes