Xabier Alonso anima a presenciar o trofeo Cidade de Vigo de Fútbol Sala o vindeiro sábado no pavillón central
A segunda edición do Trofeo Cidade de Vigo de Fútbol Sala disputarase o vindeiro sábado, a partir das 20.30 horas, no pavillón central das Travesas, segundo anunciou este martes o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na presentación da competición, na que tamén participou o vicepresidente deportivo do Coruxo F.C., Pachi Comesaña, e o director deportivo do Inter Movistar F.S., Julio García, o concelleiro nacionalista animou aos vigueses e viguesas a "acudir a este evento deportivo do máis alto nivel".
Xabier Alonso, na súa intervención, destacou a importancia de vincular os eventos deportivos que se celebran na cidade coa visita dos grandes deportistas. Neste sentido indicou que na cidade xa se atopan os xogadores do Inter Movistar F.S., campión do mundo de clubes, e participantes no torneo xunto ao Coruxo F.C. E a Selección Galega Sub-20. O prezo da entrada é de 5 euros.
"O deporte de élite non tería sentido se non contaramos co deporte base, xa que é preciso transmitir aos nenos e nenas os valores do deporte dende o inicio", salientou. Ao respecto asegurou que tanto o Inter, como o Coruxo F.C. e a Concellería de Deportes coinciden nesta filosofía de potenciar o deporte base. "Ter a opción de ver en Vigo un dos mellores equipos de fútbol sala do mundo é unha sorte para a cidade, pero non podemos perder a oportunidade de que os nenos e nenas se inicien canto antes na práctica deportiva", sinalou.
O director deportivo do Inter Movistar F.S., Julio García, agradeceu á organización e en concreto ao concelleiro de Deportes a oportunidade de participar no torneo e fixo un chamamentos aos afeccionados para ver o partido. O vicepresidente deportivo do Coruxo F.C., Pachi Comesaña, pola súa banda, agradeceu a Xabier Alonso a presenza do Inter Movistar F.S. "porque é un soño para o Coruxo F.C. xogar con este equipol". "Sen o concelleiro de Deportes sería imposible que estiveran aquí", subliñou. Asemade, Pachi Comesaña anunciou que de 16 a 20 horas o polideportivo das Travesas acollerá un torneo de fútbol sala tanto feminino como masculino de categorías inferiores.
Descargar todas as imaxes