O alcalde anuncia a aceleración da urbanización de San Roque e a humanización de "arterias centrais" da zona para 2010
Abel Caballero visitou este martes San Roque acompañado pola Asociación de Veciños do barrio vigués, unha zona "en situación lamentable" que verá priorizado o seu desenvolvemento urbanístico. Xunto á aceleración dos ámbitos, o alcalde anunciou humanizacións e un parque infantil para o próximo ano.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Distritos, Ángel Rivas, acudiron este martes a San Roque, onde constataron coa Asociación de Veciños a "situación lamentable" da zona, que "leva 40 anos sen que ninguén se ocupara dela", salientou Abel Caballero.
Durante a visita, o alcalde adiantou algunhas das liñas municipais para mellorar o barrio desde o próximo ano. Segundo indicou, Urbanismo acelerará "a fondo" o desenvolvemento dos ámbitos urbanísticos de San Roque, que pasarán a ter "prioridade absoluta" na cidade.
Por outra banda, o alcalde explicou que o vindeiro ano acometeranse humanizacións de "arterias centrais" do barrio, combinadas cos desenvolvementos dos ámbitos urbanísticos, e construirase un parque infantil na zona.
Estas melloras en San Roque representan un "compromiso político" para o alcalde, que agradeceu ademais a "cooperación" da Asociación de Veciños na definición das prioriodades de actuación no barrio vigués.
Descargar todas as imaxes