O alcalde sinalou que a humanización de Tomás Alonso adiántase a setembro, cunha árbore cada cinco metros
Abel Caballero visitou este venres os traballos de mellora da rúa Tomás Alonso, entre Pi i Margall e a Praza da Industria, que leva un mes de adianto polo que en setembro estará rematado, segundo salientou o alcalde. Caballero tamén subliñou que a obra emprega a 10 persoas procedentes do INEM.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe venres a humanización de Tomás Alonso, que rematará "a mediados ou finais de setembro", cun mes de adianto sobre o previsto.
A humanización representa "pasar da noite ao día", terá "altísima calidade", supón un investimento municipal de 1,4 millóns de euros, e inclúe "unha árbore cada cinco metros", segundo explicou o alcalde, ata acadar preto de 120 exemplares nos aproximadamente medio quilómetro de lonxitude da rúa.
O emprego xerado con esta humanización, afirmou o alcalde, suma 33 traballadores, dez dos cales procederon das listas de desemprego, "unha mostra clara do efecto do Plan Zapatero". Abel Caballero felicitou á empresa, os traballadores e aos técnicos municipais por levar a humanización en prazo.
Descargar todas as imaxes