Escoitar

Abel Caballero salienta que Vigo exporta aos concellos da Mancomunidade o sistema de xestión administrativa municipal

O alcalde e presidente da Mancomunidade de Vigo informou este venres da aprobación de sendos proxectos de e-administración para os Concellos da Mancomunidade, decisión adoptada na Xunta de Goberno deste organismo. O modelo de xestión administrativa vigués implantarase nos restantes municipios, unificando os sistemas.

venres, 21 ago 2009
1250861212maiv.JPG
O alcalde e presidente da Mancomunidade de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da aprobación por parte da Xunta de Goberno da entidade supramunicipal dun sistema informático de e-administración que exportará a cidade olívica aos restantes concellos da Mancomunidade.

Abel Caballero indicou que o sistema prevé a mellora nas xestións da cidadanía cos seus concellos e a unificación dos sistemas de xestión entre os municipios, o que facilita o intercambio de informacións e a xestión única.

A Xunta de Goberno da Mancomunidade, celebrada este venres, iniciou os procedementos para a creación dun módulo de xestión único do padrón de habitantes, dun soporte centralizado, dunha base de datos unificada de atención á cidadanía e dun programa de pasarelas para intercambiar información e evitar duplicidades.
Descargar todas as imaxes