venres, 2 nov 2007
O tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez, e o presidente da Cámara Municipal de Albufeira, Desidério Jorge da Silva, asinaron este venres no Concello un protocolo de colaboración para a promoción de Vigo nesa localidade do Algarve e viceversa, nos ámbitos do turismo, a cultura e o patrimonio e os deportes e a xuventude.
venres, 2 nov 2007
Unha nova actividade, a Stepmanía, terá lugar este venres a partir das 21.00 horas dentro do programa da Concellería de Xuventude "Tardes e Noites Vivas". A Stepmanía é un videoxogo de simulación de baile que fai que os xogadores teñan que movesrse ao ritmo marcado na pantalla sobre unha alfombra con diferentes sinais que lle facilitan a tarefa.
venres, 2 nov 2007
Os mozos e mozas de Vigo poderán brillar con luz propia este sábado na Disco Light, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113). Neste espazo, de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar a Festa do Apagón, na que os que realmente resaltarán serán os participantes, pois portarán pulseiras e colares luminosos que se lles entregarán gratuitamente ao adquirir a entrada.
venres, 2 nov 2007
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este venres no seu despacho os familiares do cabo Daniel Abreu Fernández e do soldado Jesús Casal Rivera, falecidos en Afganistán o 16 de agosto de 2005 xunto con outros 15 militares ao estrelarse o helicóptero ‘Cougar’ no que se trasladaban. Caballero expresou o recoñecemento de toda a cidade de Vigo ás vítimas deste accidente.