Escoitar

"Noites Vivas" pon a disposición dos mozos e mozas dúas videoconsolas Nintendo Wii os venres e sábados

Dentro da programación da presente edición do programa "Tardes e Noites Vivas", que organiza a Concellería de Xuventude, inclúese como unha novidade destacada as "Noites de Wiicio", durante as cales os mozos e mozas dispoñen de dúas videoconsolas Nintendo Wii de maneira totalmente gratuíta.

mércores, 31 out 2007
1193831353nintendowii.jpg
Ata o próximo 17 de novembro, no Punto Xove situado na rúa López de Neira, 27, os venres e os sábados de 22.00 a 01.00 horas, os mozos e mozas que o desexen poderán gozar de diversos xogos da Wii, empregando as dúas videoconsolas que teñen á súa disposición.

A actividade inclúe dúas modalidades de competición: un contra un e por equipos. As puntuacións dos máis hábiles queda rexistrada nun taboleiro denominado Wii Ránking.

Coas "Noites de Wiicio", o Concello quere achegar aos mozos e mozas as súas propostas de lecer nocturno através dun tema que suscita o interese da xuventude como son as novas tecnoloxías, facéndoos partícipes ao mesmo tempo de actividades cooperativas e compartidas arredor destas.
Descargar todas as imaxes