O Pleno aproba provisionalmente os orzamentos municipais de 2008
O Pleno da Corporación aprobou provisionalmente este martes nunha sesión extraordinaria o orzamento municipal para 2008, que contempla unha cifra de 231,3 millóns, un 22,7% máis que o de 2005. A decisión foi apoiada por PSdeG-PSOE e BNG, mentres que o PP se abstivo.
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, defendeu estes orzamentos argumentando que demostran "que este Goberno cumpre coas súas promesas" e salientando, ademais, a rapidez coa que se presentan. Para a concelleira, o documento elaborado polo Goberno local responde a "un novo modelo de cidade", cunha aposta "clara" polos barrios e parroquias, que concentran, dixo, "máis do 90% dos investimentos en humanizacións". Estes investimentos, afirmou, acompáñanse coa "mellora nos servizos sociais, educativos, culturais e deportivos, polo transporte público, polo casco histórico, polo mantemento viario, ou por melloras no ámbito comercial e turístico".
Pola súa parte, o portavoz do BNG e tenente de alcalde, Santiago Domínguez, asegurou que os orzamentos de 2008 buscan dar resposta "ás necesidades dos cidadáns", seguindo cinco "grandes liñas": a simplificación da xestión, a transparencia, a "humildade" para "escoitar os cidadáns", o achegamento da administración á cidadanía e a comunicación cos cidadáns. Así, o obxectivo fundamental dos orzamentos, segundo resaltou Domínguez, é a "igualdade no trato" para todos os vigueses no referente á distribución dos servizos, coa finalidade de "crear benestar social e non riqueza".
O portavoz do PP, José Manuel Figueroa, fixo fincapé na boa situación en que, segundo afirmou, encontraron PSdeG-PSOE e BNG as arcas municipais ao chegaren ao Goberno e salientou a similitude que, ao seu ver, presentan os orzamentos de 2008 cos anteriores, de 2005. Neste sentido, Figueroa afirmou que "case o 90% das partidas está sen tocar" e engadiu en referencia aos actuais socios do Goberno municipal que "todo o que criticaron durante estes tres anos está reflectido nestes orzamentos". O portavoz do PP adiantou a abstención do seu grupo anunciando ao mesmo tempo que os populares presentarán no futuro emendas para "corrixir" os orzamentos aprobados provisionalmente este martes.
Descargar todas as imaxes