Escoitar

O Concello destina 330.000 euros á reforma e acondicionamento do mercado do Progreso

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns o proxecto de proxecto das obras de reforma e acondicionamento das dependencias do mercado da rúa Progreso, autorizando un gasto de 330.000 euros para a súa execución.

luns, 29 out 2007
1193670284xunta291007.jpg
Ademais, o Goberno municipal deu o seu visto bo ao proxecto de contrato do espectáculo "Concertos para bebés, a cargo de Paulo Lameiro", do Festival de Música de Vigo Are-More 2007, cun importe de 18.600 euros.

Tamén aprobou a Xunta de Goberno un proxecto de convenio de colaboración entre o Concello, a Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra e a diócese de Tui-Vigo para a iluminación artística da igrexa de Santiago de Vigo e a dinamización Turística do seu contorno, así como un protocolo de colaboración coa Cámara Municipal de Albufeira (Algarve) en materia de turismo, cultura, patrimonio, deportes e xuventude.

Por último, autorizouse á empresa Graciano Rodríguez e Hijos a talar as árbores e a maleza que invaden o perímetro do campo municipal da Guía. Son aproximadamente 82 eucaliptos e 23 acacias que a empresa se compromete a talar e retirar xunto coa maleza ocasionada por esta acción. O terreo afectado pola tala será repoboado cun número aproximado de 40 árbores autóctonas, que serán subministradas pola Consellería de Medio Rural.
Descargar todas as imaxes