Abel Caballero recibe a Joaquín José Martínez, ex condenado a morte en Estados Unidos
O alcalde, Abel Caballero, recibiu no seu despacho a Joaquín José Martínez, o primeiro español que saiu do corredor da morte en Florida (Estados Unidos). Joaquín José Martínez, que fora acusado dun asasinato que non cometera, está de visita en Vigo para ofrecer este venres unha conferencia na que defenderá a suspensión de todas as execucións.
A conferencia terá lugar no Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz, 24-26) ás 20.00 horas, organizada por Amnistía Internacional. O responsable de Relacións Institucionais desta organización, Alberto Estévez, acompañou a Joaquín José Martínez no seu encontro co alcalde.
Descargar todas as imaxes