Benestar Social incrementa a súa achega á Fundación Menela para desenvolver o programa "Respiro Familiar"
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, manifestou durante a visita que realizou este xoves ás instalacións da Fundación Menela en Alcabre que o convenio de colaboración que existe con esta entidade experimentará un incremento nos orzamentos do 2008 para desenvolver unha nova edición do programa Respiro Familiar.
"Deste xeito, o piso que Menela ten no Casco Vello de Vigo, perfectamente acondicionado, ponse a disposición das familias que teñen algunha persoa con discapacidade ao seu cargo", explicou a concelleira.
Segundo María Méndez, o obxectivo desta iniciativa consiste en que a familia que vive esta situación poida deixar a persoa dependente a cargo da fundación nun espacio concreto de tempo, por ter que realizar unha viaxe urxente ou por unha enfermidade. "A carga de traballo que supón coidar unha persoa con discapacidade día e noite repercute na vida dos coidadores e pensamos que é fundamental ofrecer posibilidades para que eles tamén se coiden", salientou.
Esta visita enmárcase na rolda de encontros que María Méndez está a manter coas asociacións coas que colabora a Concellería de Benestar Social, para coñecer de primeira man o traballo que desenvolven e dalo a coñecer ao resto dos cidadáns.
Neste caso, A Fundación Menela ofrece atención especializada a persoas con autismo, así como ás súas familias. Dende a posta en funcionamento deste programa hai dous anos xa levan atendidos 150 casos.
"Queremos seguir mantendo esta iniciativa e pensamos que é importante que a xente saiba que existe este recurso", indicou o xerente da fundación, José Manuel Varela, quen explicou que aínda que a posibilidade de contar con esta posibilidade existe todos os días do ano, na práctica os días máis demandados coinciden coas fins de semana e os perídoos de vacacións.
A Fundación Menela atende 31 nenos no seu centro de Vigo e 53 adultos no de Nigrán, no que, ademais de ofrecer residencia ás persoas que atende, ofrécelles a estas a posibilidade de participar en obradoiros ocupacionais.
Descargar todas as imaxes