O artista David Lamelas ofrece unha conferencia no MARCO
Dentro dos actos programados polo MARCO para celebrar o seu 5º aniversario, e como actividade complementaria da exposición "Tempo ao tempo", durante esta semana está en marcha o obradoiro do artista David Lamelas, dirixido a artistas, estudantes de Belas Artes e disciplinas afíns. Este xoves David Lamelas ofrecerá unha conferencia aberta ao público na que falará da súa obra e traxectoria.
A conferencia comezará ás 20.30 horas, inmediatamente despois das proxeccións de ArtFutura, que se inician ese mesmo día no salón de actos, e que continuarán durante catro fins de semana consecutivas.
DAVID LAMELAS (Bos Aires, 1946), participante na exposición "Tempo ao tempo", é un dos artistas máis relevantes da súa xeración. Durante as últimas tres décadas a súa obra incluiu instalacións, performances, fotografías e filmes, na súa maioría realizados en 16 mm. A realidade, percibida e construída, constitúe a base creativa do seu traballo.
Durante os anos sesenta foi un dos protagonistas do movemento de vangarda que se xerou nesta cidade ao redor do Instituto di Tella. En 1968 viaxou a Londres, onde estudou en St. Martin's School of Arts, e residiu alí ata 1976, participando activamente do conceptualismo europeo e traballando con filmes e fotografías.
Axiña se afastou do conceptualismo máis ortodoxo para involucrarse no mundo do cine e a ficción. En 1976 mudouse a Os Ánxeles, onde viviu de forma permanente ata 1988. Alí realizou filmes e vídeos, concentrándose no problema da construción do real. En 988 instalouse en Nova York, e de 1991 a 1997 dividiu o seu tempo entre esta cidade e Bruxelas. Entre 1998 e 1999 residiu en Berlín, e dende 1999 vive e traballa entre Os Ánxeles, París e Bos Aires.
Ademais da súa participación na exposición, a mostra "Tempo ao tempo" supón a posibilidade do encontro do artista coas súas orixes galegas.
A conferencia de David Lamelas terá lugar no salón de actos do MARCO. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
Descargar todas as imaxes