Xuventude pon en marcha "Vigo, en clave de sol", unha actividade musical para nenos
"Achegar aos nenos o gusto pola música através do xogo" é, segundo a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, o principal obxectivo da iniciativa "Vigo, en clave de sol". Trátase dunha actividade musical destinada a nenos de 8 a 16 anos que, no seu primeiro trimestre, se desenvolverá na Casa da Xuventude os sábados dos meses de novembro, Nadal e xaneiro.
Segundo Iolanda Veloso, a decisión de realizar esta actividade vén dada pola demanda detectada tras a celebración do campamento de verán organizado pola Concellería que dirixe dedicado á música.
"Non son clases de música impartidas dun xeito tradicional, senón que tratan de achegar a música aos máis pequenos dun modo innovador", explicou a concelleira, quen sinalou que unha mostra desta innovación radica no feito de que os nenos non precisan achegar os instrumentos musicais, senón que poden investigar no propio curso cal é o que máis lle interesa.
Pero esta iniciativa non só consiste na asistencia a clases, senón que os nenos participantes ofrecerán, acompañados dos seus profesores, un concerto en Nadal no que mostrarán as habilidades adquiridas durante o curso, no que se incluirán varias pezas clásicas e algunha panxoliña.
"Aos nenos encántalles actuar en grupo", sinalou Carmen Carrete, do grupo Jenios, coordinador da actividade, que terá lugar 11.30 a 13.00 horas os sábados de novembro, decembro e xaneiro na Casa da Xuventude.
No curso poden participar tanto nenos que xa son alumnos do conservatorio ou das distintas academias que existen na cidade como os que aínda non contan con coñecementos musicais, e a estes ensinaráselles a lectura, a medida e a entoación. Ademáis, a estimulación e a aprendizaxe na escoita de música clásica e a introdución dos grandes compositores da historia configuran outros dos contidos da actividade, que incentivará os rapaces mediante a celebración de audicións e visualizacións das óperas infantís e a asistencia a concertos.
Tamén está previsto a celebración desta actividade os dous seguintes trimestres do curso 2007-2008, de xeito que poidan establecerse diversos niveis segundo os coñecementos dos nenos. Deste xeito, ao remate do segundo trimestre e en verán os nenos protagonizarían outros dous concertos para mostrar a súa progresión.
O número de alumnos e alumnas previsto será dun mínimo de 10 e dun máximo de 25. O prezo completo da matrícula é de 140 euros por alumno e trimestre, aínda que será de 100 euros para os alumnos que conten con subvención.
Descargar todas as imaxes