Escoitar

Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local

venres, 26 out 2007
Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 29 de outubro, ás 08.00 horas en primeira convocatoria e ás 09.00 horas en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación:


1.- Acta da sesión ordinaria do 1 de outubro de 2007.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Recurso de alzada contra resolución do TEAG sobre reclamación económico administrativa contra acto de repercusión tributaria por IVE pola cesión da Praza do Berbés. Expte. 27/501.

BENESTAR SOCIAL
3.- Prestación de Centro de Día para persoas maiores: alta expte. 22/2188.

CULTURA
4.- Contratación do espectáculo "Concerto para bebés"- Festival de Música Are-More 2007. Expte. 10481/331.

5.- Solicitude de autorización para a tala de árbores e maleza que circunda o perímetro do campo de fútbol da guía. Expte. 5198/306.

MULLER
6.- Selección de proxectos presentados ó concurso de ideas do programa de animación sociocultural para mulleres 2007-2008. Expte. 3039/224.

7.- Convalidación de gasto en concepto de prestación do servizo de atención domiciliaria á infancia. Expte. 3043/224.

PATRIMONIO HISTÓRICO
8.- Revisión de prezos do contrato de asistencia técnica para monitoraxe en cestería de vimbio da Casa do Cesteiro. Expte. 3972/307.

9.- Revisión de prezos do contrato de asistencia técnica para monitoraxe en cestería de madeira aberta e colmo da Casa do Cesteiro. Expte. 3972/307.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
10.- Modificación do contrato de subministración de gasolina e gasóleo A e C para o parque central de servicios. Expte. 2422/445.

11.- Aboamento de cuotas da comunidade a favor da Comunidade de propietarios República Argentina nº 12-14. Expte. 18184/240.

12.- Devolución de garantía a Producción e Xestión Cultural S.L. Expte. 1969/241.

13.- Reclamación de D. Alejandro Montes Quiroga de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 1174/243. Responsable CESPA S.A.

14.- Reclamación de Dª. María A. García-Paz Pereira (D. José Manuel Cabaleiro Portela e de Dª.Rebeca Cabaleiro González) de responsabilidade patrimonial por danos. Expte.1164/243. Desestimada.

15.- Reclamación de D. Serafín Caride Fernández de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 1230/243. Desestimada.

16.- Reclamación de Dª. Ana María Santos Melero de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 446/243. Desestimada.

17.- Reclamación de Dª. Belén Laíz Moreira de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 856/243. Responsable UTE Contenur S.L./Otto Industrial S.A.

18.- Reclamación de Dª. María Teresa Luciarte Pérez de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 1167/243. Desestimada.

19.- Reclamación de Dª. Angeles López Gómez de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 1168/243. Desestimada.

20.- Expediente de contratación das obras de reforma e acondicionamento das dependencias do Mercado da rúa Progreso. Expte. 1/551.

PERSOAL
21.- Proposta de nomeamento de funcionarios/as de carreira con cargo a prazas vacantes de admnistrativo de Administración Xeral(OEP- 2005). Expte..

22.- Proposta de nomeamento de funcionarios de carreira con cargo a prazas de auxiliar de Administración Xeral (OEP 2005). 17431/220

23.- Cese dunha auxiliar de Administración Xeral, por execución da Oferta de Emprego Público correspondente ao ano 2005. Expte. 17771/220.

24.- Proposta de nomeamento de funcionario en prácticas con cargo á vacante de conductor-bombeiro do Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 17770/220.

25.- Proposta de nomeamento de funcionarios en prácticas con cargo a prazas de suboficial do Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 17430/220.

26.- Xornada reducida de verán dos servizos policía local (1ª tenencia alcaldía), cemiterios e Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 17764/220.

27.- Complemento de productividade por toxicidade do persoal de Desinfección -setembro 2007. Expte. 17727/220.

28.- Complemento de productividade por manexo de maquinaria pesada de persoal do Parque Central- 3º trimestre. Expte. 17722/220.

29.- Complemento de productividade por manexo de maquinaria pesada de persoal do Parque Móbil - 3º trimestre. Expte. 17723/220.

30.- Complemento de productividade por toxicidade do persoal do Parque Móbil- setembro 2007. Expte. 17729/220.

31.- Complemento de productividade por conducción de vehículo lixeiro sen ser conductor oficial, de persoal de Sanidade, 3º trimestre 2007. Expte. 17728/220.

32.- Complemento de productividade por conducción de vehículo lixeiro sen ser conductor oficial, persoal do Servizo de Extinción de Incendios, 3º trimestre. Expte. 17726/220.

33.- Complemento de productividade por conducción de vehículo lixeiro sen ser conductor oficial, persoal do Servizo de Protección Civil - 3º trimestre. Expte. 17725/220.

34.- Complemento de productividade por conducción de vehículo lixeiro sen ser conductor oficial, persoal do Parque Móbil-3º trimestre 2007. Expte. 17724/220.

35.- Aboamento das xornadas de reforzos da Policía Local- Setembro 2007. Expte. 17731/220.

36.- Complemento de productividade por xornada partida do persoal do Servizo de Cemiterios- setembro 2007. Expte. 17730/220.

37.- Complemento de productividade por conducción de vehículo lixeiro sen ser oficial, persoal do Servizo de Educación- 3º trimestre 2007. Expte. 17763/220.

38.- Complemento de productividade do persoal do EVAP (Equipo de Vixiancia e Apoio Policial - para vítimas de violencia de xénero), setembro de 2007. Expte. 17735/220.

39.- Complemento de productividade por conducción vehículo lixeiro sen ser oficial conductor, persoal de Montes, Parques e Xardíns- 3º trimestre 2007. Expte. 3899/446.

40.- Reingreso ó servizo activo de D. Joaquín Alonso Méndez. Expte. 17773/220.

41.- Solicitude de modificación da causa de excedencia forzosa de Dª Mª José Porteiro García. Expte. 17774/220.

TURISMO
42.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo, a federación de empresarios de hostelería de Pontevedra e a diócese de Tui-Vigo, para a iluminación artística da Igrexa de Santiago de Vigo e a dinamizaicón turística do seu entorno. Expte. 2235/104.

43.- Protocolo de colaboración entre a Cámara municipal de Albufeira e o Concello de Vigo en materia de turismo, cultura, patrimonio, deportes e xuventude. Expte. 31/107.

URBANISMO
44.- Proposta de aprobación definitiva de axudas para a rehabilitación de vivendas:
a)Rúa Santiago 35. Expte. 220/431.
b)Rúa CruceiroVello 3. Expte. 324/431.
c)Rúa Sebastián Elcano 1, 2º E. Expte. 340/431.
d)Rúa Sebastián Elcano nº 12, 3º. Expte. 273/431.
e)Rúa Tomás Alonso, 285. Expte. 329/431.

45.- Proposta de aprobación definitiva de axudas para a rehabilitación de vivendas:
a)Praza Martín Alonso Pinzón, 10. Expte. 342/431.
b)Praza Cruceiro Vello, 2. Expte. 343/431.


VIAS E OBRAS
46.- Certificacións de obras relativas ós convenios de colaboración entre o Concello de Vigo e Zona Franca e Concello de Vigo e Deputación Provincial para humanización de diversas rúas da cidade de Vigo. Expte. 607 e 608/443.

47.- Devolución de aval a Gas Natrual Distribución S.D.G. por execución de obras de acometida. Expte. 52863/250.

48.- Rogos e preguntas.