Madres Latinas únese ao espírito scout levando a América a chama que o simboliza
As diferentes agrupacións de scouts repartidas polo mundo celebran o centenario deste movemento transportando por diversos países a chama que simboliza o seu espírito e que arde continuamente na tumba do seu fundador, Baden Powell, en Kenia. Este venres, a Asociación Madres Latinas recibiu a chama no Concello co cometido de levala a América.
A presidenta de Madres Latinas e scout Luisi Motta foi a encargada de recibir a chama de mans do presidente de Amistad Internacional Scout y Guía-España, Enrique Soto, nun acto ao que asistiron os concelleiros de Promoción Económica, Santos Héctor; Vías e Obras, Isaura Abelairas; e Xuventude, Iolanda Veloso. Motta adiantou que a chama viaxará en primeiro lugar a Nova Iorque, desde onde partirá a Perú. A antorcha xa pasou con anterioridade por unha serie de países entre os que se inclúen Kenia, Sudán, Etopía, Grecia, Italia, Francia, Bélxica e o Reino Unido.
A portavoz de Madres Latinas, Martha Arteaga, salienta a gran responsabilidade que implica potar "este gran símbolo", que representa "a paz e a fraternidade entre os pobos do mundo", así como "unha filosofía de vida na que se ensina o respecto pola natureza, a paz, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o compañeirismo, a actividade física e a capacidade de superar adversidades".
Pola súa parte, Enrique Soto afirmou que "mentres arda esta chama estará vivo o espírito do noso fundador". O presidente de Scouts y Guía-España engadiu que o movemento scout "intenta formar bos cidadáns", co propósito de "deixar o mundo un pouquiño mellor de como o encontramos".