Escoitar

Ampliadas as cantidades destinadas á Xerencia de Urbanismo, Vigozoo e o IMD

O Pleno da Corporación decidiu ampliar por unanimidade este luns a cantidade destinada a productividade no orzamento da Xerencia Municipal de Urbanismo (47.000 euros máis), e as partidas destinadas a productividade no orzamento de Vigozoo (35.000 euros adicionais) e a productividade e gratificación do Instituto Municipal dos Deportes (127.000 euros máis).

luns, 29 out 2007
1193669170plenovaledor291007.JPG
Luis Espada renovou o seu cargo de Valedor do Cidadán
Ademais, o Pleno deu o seu visto bo co acordo de todos os seus membros a catro mocións presentadas polo PP. Pola primeira delas ínstase o Ministerio de Xustiza para que se cree en Vigo unha fiscalía especializada en dereito penal-laboral. Pola segunda, o Pleno demanda que se acometa a obra do colector de recollida de augas na rúa Olímpicos "o antes posible". A seguinte proposta do grupo do PP aprobada polo Pleno ten por finalidade impulsar a creación dun centro que dea servizos de educación e atención a persoas con parálise cerebral no municipio de Vigo.

Por último, a Coroporación debateu e aprobou por unanimidade unha moción urxente do PP para que o Goberno municipal "rectifique e manteña a festividade de San Roque, que se celebra o 16 de agosto, como festivo laboral con carácter local".

Valedor do Cidadán

Con anterioridade a este Pleno, a Corporación celebrou unha sesión extraordinaria na que o actual Valedor do Cidadán, Luis Espada, renovou o seu cargo, tomando novamente posesión del co acordo de todos os grupos políticos municipais.
Descargar todas as imaxes