ArtFutura trae ao MARCO as novidades da "próxima rede"
Ata o próximo 18 de novembro o MARCO acolle a XVIII edición de ArtFutura, o festival de cultura e creatividade de referencia en España, cun extenso programa audiovisual que explora os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional dos "new media", o deseño de interacción, os videoxogos e a animación dixital.
As revolucións 2.0 dos últimos dous anos cambiaron por completo o rostro da web, transformándoa nun espazo de participación social e cooperación colectiva que nunca chegaran a imaxinar os primeiros ideólogos da cibercultura a comezos dos noventa. Nembargante, a carón do auxe das redes sociais participativas volveron cobrar forzas algunhas das utopías orixinais que entendían Internet coma unha oportunidade para construír un mundo paralelo e autónomo coas súas propias regras. Entre os que empezan a modelar as leis dunha Web 3.0 e os que seguen a defender unha rede entendida como gran foro de debate social do noso tempo, comezan a albiscar os comezos dunha próxima rede.
ARTFUTURA 2007. "A próxima rede"
DATAS: do 25 de outubro ao 18 de novembro de 2007
LUGAR: salón de actos
HORARIOS:
- xoves e venres, de 20.00 a 21.30
- sábados, de 18.00 a 21.30
NOTA/ AVISO:
- o domingo 18 de novembro haberá tamén proxeccións de 18.00 a 21.30, por coincidir coa Festa do 5º aniversario do MARCO
PROMOTOR : MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
ARTFUTURA 2007. "A próxima rede"
DATAS: do 25 de outubro ao 18 de novembro de 2007
LUGAR: salón de actos
HORARIOS:
- xoves e venres, de 20.00 a 21.30
- sábados, de 18.00 a 21.30
NOTA/ AVISO:
- o domingo 18 de novembro haberá tamén proxeccións de 18.00 a 21.30, por coincidir coa Festa do 5º aniversario do MARCO
PROMOTOR : MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.