Un grande edicificio na praza do Rei albergará a biblioteca do Estado
A praza do Rei cambiará o seu aspecto de maneira notable coa construción, no espazo contiguo á panificadora, dun edificio de dous niveis (un de catro plantas e o outro de cinco) que albergará unha biblioteca do Estado. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, despois da reunión que mantivo este mércores no Concello co director xeral do Libro, Rogelio Blanco.
O alcalde explicou esta decisión referíndose ao carácter céntrico e accesible da praza do Rei, que se converterá coa biblioteca do Estado nun lugar emblemático "de encontro e celebración" para todos os vigueses. Segundo adiantou Caballero, á construción da biblioteca do Estado sumarase a remodelación do edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo e da propia parte frontal da Casa do Concello. A intención é facer da praza do Rei un espazo semicerrado cun aspecto sensiblemente diferente ao que presenta na actualidade.
Pola súa banda, Rogelio Blanco lembrou que o establecemento dunha biblioteca do Estado en Vigo forma parte dun labor inciado en 1837 coa decisión de crear grandes bibliotecas nas capitais de provincia. Hoxe en día este labor estase complementando coa construción de novas bibliotecas en Mérida (xa rematada) e Santiago de Compostela, que son capitais de Comunidade Autónoma pero non de provincia. A de Santiago estará finalizada antes de fin de ano e constituirá un "modelo contrastable" da que se fará en Vigo, segundo indicou o director xeral do Libro.
Blanco adiantou que a construción do edificio que albergará a esta última na praza do Rei suporá un investimento de 9 millóns de euros, aos que haberá que sumar os outros dous que custará dotar a biblioteca de todos os equipamentos necesarios.
En canto ás datas da obra, Abel Caballero afirmou que "non debemos dar prazos ata que teñamos todos os datos", aínda que o Concello e o Ministerio de Cultura xa están "mans á obra". O seguinte paso darase coa visita a Vigo de arquitectos do Ministerio para avaliar diferentes aspectos da construción da biblioteca do Estado.
Descargar todas as imaxes