Escoitar

Aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto da Concellería de Igualdade "A nosa valoración persoal"

venres, 2 nov 2007
DESTINATARIAS:
Mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo. Terán preferencia as mulleres que non realizaran o curso a través do Concello nos últimos cinco anos.

OBXECTIVOS:
- Coñecer a construción e a evolución da identidade psicosexual.
- Reflexionar sobre a influencia das crenzas e dos modelos na imaxe e na estima persoal.
- Descubrir e valorar os recursos internos.

CONTIDOS:
Desenvólvese dentro dun encadre referencial teórico que abordará os seguintes temas:
- Desenvolvemento evolutivo do proceso de identidade.
- Mandatos, crenzas, estereotipos, modelos de identificación, roles.
- Condicionantes internos: auto esixencias, idealizacións, medos, culpas.
- Niveis de conciencia mental, emocional, corporal e social.Contradicións.
- Integración saudable da identidade como requisito da propia estima: saber valorarse adecuadamente.

A exposición do temario instrumentarase con técnicas que operativicen a aprendizaxe e realizaranse exercicios vivenciais con dinámicas de grupo que permitan a elaboración na toma de conciencia da valoración persoal.

O desenvolvemento do programa constará de 15 h distribuídas en 5 obradoiros de 3 h de duración cada un.

DATAS: días 15 (xoves), 19 (luns), 21 (mércores), 23 (venres) e 27 (martes) de novembro

HORARIO: de 18.00 a 21.00 horas

INSCRICIÓNS: Departamento de Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello. Praza do Rei,1, dende o día 2 ao 13 de novembro de 2007 (ambos incluídos). Teléfono 986 810 284. PRAZAS LIMITADAS.

LUGAR DE REALIZACIÓN: Casa das Mulleres (rúa Romil,20-baixo esquerda).