Asinado o protocolo de colaboración entre Vigo e a localidade portuguesa de Albufeira
O tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez, e o presidente da Cámara Municipal de Albufeira, Desidério Jorge da Silva, asinaron este venres no Concello un protocolo de colaboración para a promoción de Vigo nesa localidade do Algarve e viceversa, nos ámbitos do turismo, a cultura e o patrimonio e os deportes e a xuventude.
O protocolo, cunha vixencia de dous anos prorrogable por outro ano máis, establece as liñas de colaboración entre Vigo e Albufeira nas referidas materias, através de encontros entre representantes de ambas as partes, a elaboración e realización de proxectos conxuntos, a busca de financiamento para accións definidas de común acordo e o intercambio de información e documentación técnica.
En relación ao turismo, o protocolo prevé diversas accións nun marco de cooperación institucional e loxística para a promoción das respectivas marcas turísticas nos dous municipios, con intercambio de información turística e a execución de proxectos comúns "que se traduzan nunha efectiva valorización dos respectivos patrimonios turísticos".
No ámbito da cultura e o patrimonio contémplanse medidas de cooperación entre as institucións e organismos culturais dos dous municipios. Ademais, entre outras accións, estudarase a posibilidade de intercambiar exposicións de arte e de fomentar a colaboración entre as bibliotecas e museos municipais.
Nas áreas de deporte e xuventude, destacan iniciativas como a posible execución dun programa de intercambio deportivo entre rapaces de ambas as localidades, semellante aos campamentos de verán. Ademais, os Departamentos de Deportes de Vigo e Albufeira intercambiarán información sobre as súas áreas de competencia.
Santiago Domínguez mostrou a súa satisfacción por este acordo afirmando que "afondar nesta cercanía é tamén afondar no que somos e na nosa historia". O tenente de alcalde pensa que Albufeira pode servir como punto de partida para a promoción de Vigo en toda a zona do Algarve. Esta rexión de Portugal é un dos principais destinos turísticos que elixen os vigueses e o Concello quere que ese fluxo teña unha dobre dirección, facendo que tamén os portugueses do sur incorporen a nosa cidade como un lugar para o seu descanso.
Pola súa parte, Desidério Jorge da Silva, fixo fincapé na necesidade de "saber o que fomos, o que somos e o que seremos" para "defendermos as nosas raíces adaptándonos á modernidade". O presidente da Cámara Municipal de Albufeira lembrou que esta localidade está presente estes días, por quinto ano xa, na feira Expogalaecia de Vigo, o que demostra, segundo afirmou, o seu interese en promocionarse na nosa cidade e a súa área de influencia.