Vigo podería contar cunha liña de baixo custo a Cidade de México
Avolar Aerolíneas estuda establecer unha liña de baixo custo entre Vigo e Cidade de México, con enlaces a Cancún e Miami. Esta posibilidade foi analizada na reunión que mantiveron este venres o alcalde, Abel Caballero, e o representante en Europa da comañía, Rubén Vila Garciasordo.
O encontro deste venres na Alcaldía significa unha primeira toma de contacto entre o Concello e Avolar Aerolíneas de cara á posta en marcha dunha liña España-México que, segundo afirmou Abel Caballero, "é posible" e implicaría dotar o aeroporto de Peinador dunha "dimensión distinta".
O alcalde sinalou que Avolar Aerolíneas é unha "empresa solvente" en México, especializada en voos charter e que elixe Vigo para a realizar a súa primeira incursión no mercado español. Nun primeiro momento a empresa quere establecer unha liña entre Vigo e México que contaría cun voo semanal de 140 prazas. Para Caballero é "viable" que este voo "se poida encher", dado o custo económico da viaxe. Aínda que o alcalde asegurou que unha eventual solicitude desta liña contaría co beneplácito de Aviación Civil, matizou que quere "estudalo a fondo para comprobar a viabilidade".
Neste sentido, Abel Caballero indicou que a creación desta nova liña comporta unha "grande achega de capital", polo que "hai que ser cautos" en relación ao que constituiría "un gran compromiso de investidores galegos". Con todo, o alcalde afirmou que "a primeira impresión é boa".
Descargar todas as imaxes