Abel Caballero expresa o recoñecemento da cidade aos militares falecidos en Afganistán
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este venres no seu despacho os familiares do cabo Daniel Abreu Fernández e do soldado Jesús Casal Rivera, falecidos en Afganistán o 16 de agosto de 2005 xunto con outros 15 militares ao estrelarse o helicóptero ‘Cougar’ no que se trasladaban. Caballero expresou o recoñecemento de toda a cidade de Vigo ás vítimas deste accidente.
"A cidade débelles un recoñecemento e creo que debemos facer algo máis, algo que sirva de recordatorio a estas dúas persoas que deixaron a súa vida en misión de paz", afirmou o alcalde tras o encontro. Neste sentido, Caballero adiantou que o Concello vai organizar un acto par que "a cidade recoñeza o seu labor".
Tanto Daniel Abreu como Jesús Casal naceron en Vigo. Daniel, criado no barrio de Coruxo, tiña 24 anos. Gustáballe saír de pesca co seu pai, facer deporte co seu irmán e ir de caza co seu tío. Era un mozo moi familiar e vitalista, cunha grande afección ao submarinismo. Estaba casado cunha ex militar da Brilat a quen coñecera en Kosovo. Cando sudeceu o accidente de Afganistán, Daniel barallaba a posibilidade de deixar o Exército, despois dunha carreira militar de seis anos, para preparar oposicións á Garda Civil.
Jesús Casal naceu en Vigo en maio de 1979 e vivía en Marín. Pertencía ao Exército de Terra desde 2004. Estaba solteiro.
Descargar todas as imaxes