Stepmanía e multiculturalidade nas "Tardes e Noites Vivas"
Unha nova actividade, a Stepmanía, terá lugar este venres a partir das 21.00 horas dentro do programa da Concellería de Xuventude "Tardes e Noites Vivas". A Stepmanía é un videoxogo de simulación de baile que fai que os xogadores teñan que movesrse ao ritmo marcado na pantalla sobre unha alfombra con diferentes sinais que lle facilitan a tarefa.
As mozas e mozos máis cosmopolitas tamén terán o seu espazo dentro da programación e contarán con diferentes obradoiros relacionados con diferentes culturas: danzas do mundo, danza oriental, bailes latinos, capoeira, cociña oriental, bonecas xaponesas feitas con origami, elaboración de cabazas para o samaín, etc.
A estas actividades hai que engadirlle as relacionadas coas novas tecnoloxías (Internet, chat, messenger, bluetooth, conexión wifi, Frets on fire, Slide-show, noites de Wiicio...), as deportivas (pachangas, fútbol sala, baloncesto, musculación, squash) e outras coma parkour, breakdance e karaoke.
Ademais, os mozos e mozas poden participar, cubrindo o cupón correspondente, no sorteo de 25 MP4, 20 marcos dixitais, 20 altofalantes con webcam e micro e 3 bicicletas pregables.
Os espazos e horarios nos que se desenvolve o programa "Tardes e Noites Vivas" son os seguintes:
Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas): venres e sábados de 17.00 a 23.00 h.
Punto Xove (r/ López de Neira, 27): os venres e sábados de 22.00 a 01.00 h.
Pavillón deportivo do Instituto de Ensino Secundario O Castro (r/ J.G. Posada Curros, 1. Entrada polo lateral, fronte á pista deportiva): venres e sábados de 22.00 a 01.00 h.
Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (r/ Jacinto Benavente,1): venres e sábados de 23:00 a 1:30h.
Pavillón Municipal de Deportes de Coia (Avda. Castelao s/n): os venres de 23.00 a 01.00 h.
A.X. Cancerbero (r/ Heraclio Botana, 6 - Baixo esquerda): os venres de 22.00 a 02.00 h.
A.V. Camiño V. de Coia (r/ Marín, 1): os venres de 19.00 a 22.00 h.
A programación completa de "Tardes e Noites Vivas" pódese atopar na páxina web da Concellería de Xuventude (www.xuventudevigo.org), na Casa da Xuventude (López Mora, 31), no Punto Xove (r/ López de Neira, 27), no Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas), nos stands da Concellería de Xuventude nos diferentes centros comerciais, nos institutos, etc.
Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), teléfono: 986 294 806, correo electrónico: xuventude@vigo.org.
Descargar todas as imaxes