Vigo acollerá a 25 asamblea xeral do Eixo Atlántico
O próximo venres 8, Vigo será sede da Asamblea na que se constituirá un Eixo Atlántico de 34 cidades, "a rede máis importante de Europa", afirma o seu Secretario Xeral, Xoan Vázquez Mao. O proceso de constitución do Eixo levou dous anos e culmina este venres, cun orzamento para 2008 de 2'9 millóns de euros.
A 25 Asamblea Xeral do Eixo Atlántico terá lugar en Vigo. Este luns presentouse a Asamblea que ven constituir o Eixo Atlántico con 34 cidades e un orzamento de 2'9 millóns de euros. O seu Secretario Xeral, Xoan Vázquez Mao, mostrou a súa "satisfacción" porque o Eixo volva a Vigo, a cidade onde naceu, tras 6 anos de ausencia.
O proceso de conformación do mesmo levou dous anos, e culmina este venres, 8 de febreiro, coa Asamblea Xeral que se celebrará no Pazo de Castrelos. A rede, con 34 cidades, foi calificada por Vázquez Mao como "a máis importante de Europa". O Eixo, sinalou o Secretario, priorizará a modernización da administración e o desenvolvemento sostible, dúas liñas básicas para o organismo, para o que se creará a Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico.
Vázquez Mao avanzou que se colaborará coas universidades e os axentes sociais e económicos para impulsar o Eixo a nivel europeo e para superar a brecha costa-interior. En consecuencia, unha das medidas adoptadas será a elaboración dun plan de transportes transfronteirizo, que abranga ferrocarrís e autocares en Galicia e no norte de Portugal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou a importancia de que Vigo acolla esta Asamblea Xeral, xa que implica que "a cidade ocupa o seu lugar no centro administrativo, político e económico da Eurorrexión e do Eixo Atlántico". Ademáis, Abel Caballero mostrouse convencido de que o Eixo "funcionará únicamente se Vigo se pon ao frente e tira" do mesmo.
O alcalde destacou os proxectos sectoriais do Eixo en materia de turismo e educación, o inicio da elaboración en 2008 do plan de transportes e a creación da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico. Abel Caballero avanzou que intentará coordinar as medidas medioambientais adoptadas polo organismo coas desenvolvidas desde a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Estudio do sistema ferroviario Galicia-Norte de Portugal
No mesmo acto presentouse tamén "A rede ferroviaria interior na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", coa presenza dun dos seus directores, Miguel Rodríguez Bugarín. O estudo analiza e trata de dar solucións á posible despoboación do interior en favor das zonas costeiras. As infraestructuras, tanto as autovías como o futuro AVE, transcorren paralelas á costa, polo que "é importante facilitar o acceso da poboación interior aos servizos para evitar a despoboación", sinalou Rodríguez Bugarín.
O informe trata de dar solucións mediante servizos coordinados entre ferrocarril e autocar, dun xeito intermodal. Para elo, o estudio propón a elaboración dun Consorcio Transfronterizo de Transportes, que organice e coordine o servizo en Galicia e no norte de Portugal, tanto nos horarios como nas tarifas. Bugarín apuntou tamén a posibilidade de crear un sistema de bonos válidos para todo o territorio da Eurorrexión.
Descargar todas as imaxes