O proxecto "Imos traballar" formará en 3 anos a 600 desempregados con dificultades de inserción laboral
O goberno local presentou este martes o Pacto Local polo Emprego, participado por empresarios e sindicatos, que analizará nos próximos 6 meses a situación sociolaboral viguesa para elaborar, nas comisións de traballo, os contidos do futuro documento. Además, o Pacto inclúe o proxecto "Imos Traballar", que procura a inserción laboral de 600 desempregados con itinerarios formativos específicos e personalizados.