Escoitar

O Goberno Local licita os proxectos de humanización de Teis, o Calvario, Povisa, Bouzas e Balaídos

A Xunta Local de Goberno deu este luns luz verde á redación dos proxectos de humanización do entorno do mercado de Teis, da zona de Povisa, de Balaídos e de O Calvario, xunto co barrio de Bouzas, a rúa Eugenio Krafft e a Avenida de Castelao. O goberno local investirá máis de 6 millóns de euros na mellora destas cinco zonas da cidade. En maio comezarán as obras.

luns, 4 feb 2008
1202134957juntalocal_4.JPG
A Xunta Local de Goberno licitou este luns a contratación da asistencia técnica para a redación dos proxectos de humanización de diferentes ámbitos da cidade, cun investimento que supera os 6 millóns de euros.

Os proxectos contemplan a humanización dos entornos do mercado de Teis, de Balaídos e de Povisa (nas rúas Zaragoza, Barcelona, Zamora e Tarragona), ademais da mellora da rúa Eugenio Krafft, da Avenida Castelao e do barrio de Bouzas. A redación dos proxectos de humanización destas zonas ten un prazo máximo de tres meses, co que no mes de maio poderán comezar as obras.

Nos orzamentos para 2008, o goberno local destina 8 millóns de euros ás humanizacións de diversos ámbitos da cidade, "a partida máis importante da historia da cidade", en verbas do alcalde de Vigo, Abel Caballero. O 75% do total se inviste nas actuacións anteriormente citadas.

O alcalde apuntou que as obras terán "as mesmas esixencias e características técnicas que as do centro da cidade", e resaltou a importancia de levar as humanizacións a "todos os ámbitos da cidade, e non só o centro, tal e como comprometimos na campaña electoral".

Abel Caballero salientou que as medidas adoptadas polo goberno local para a reforma das rúas da cidade virán acompañadas dun "proceso masivo de construción de beirarrúas no rural". Do mesmo xeito, o alcalde citou as humanizacións que a Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia desenvolverá nas Avenidas de Castrelos e Florida e os compromisos de actuación acordados polo alcalde e o Presidente da Diputación de Pontevedra para a mellora das rúas viguesas.
Descargar todas as imaxes