O Auditorio Municipal acolle unha proxección de "The Ring", de Hitchcock, con música en directo
O Festival de Música de Vigo "Are-More" trae este luns ao Auditorio Municipal unha proxección da película muda "The Ring" ("O Ring"), de Alfred Hitchcock, acompañada da música en directo do Grupo Arsenio Martins Ensemble.
A proxección, que forma parte da serie dedicada a Hitchcock "Paixón e suspense", dentro do ciclo "Músicas para o silencio", comezará ás 20.30 horas. O prezo da entrada é de dous euros.
Ficha
Título orixinal: "The Ring"
Ano: 1927
Duración: 133 minutos
País: Gran Bretaña
Director: Alfred Hitchcock
Guión: Alfred Hitchcock e Alma Reville
Fotografía: Jack Cox
Reparto: Ian Hunter, Carl Brisson, Lillian Hal-Davis, Harry Terry, Gordon Harker
Produtora: British International Pictures
Xénero: Drama. Deporte (boxeo).
Sinopse
Jack, o mozo de Nelly, é un boxeador de segunda fila. O campión australiano Bob Corby, que oculta a súa verdadeira identidade, está namorado da mesma moza. Bob desafía a Jack, pelexa contra el e derrótao amplamente. Pero coa intención de poder estar cerca de Nelly, Bob contrata a Jack para adestrar con el. Non pasa moito tempo sen que a moza corresponda os intentos amorosos de Bob. Movido polos ciúmes e o desexo de vinganza, Jack reta a Bob a combater no Albert Hall.
Descargar todas as imaxes