A Xunta de Goberno aproba os proxectos de humanización das avenidas de Florida e Castrelos
A Xunta de Goberno Local deu este luns o seu visto bo á aprobación técnica dos proxectos de humanización das avenidas de Florida e Castrelos, que contarán coas "mesmas pautas de calidade" que as realizadas noutras zonas da cidade, segundo asegurou o alcalde, Abel Caballero.
O proxecto de mellora da seguridade vial da avenida de Florida contempla para esta vía dous carrís de circulación en sentido de saída da praza de América, así como un carril cara a esta mesma praza, con prohibición de xiros á esquerda en todo o seu percorrido.
No caso da avenida de Castrelos serán dous carrís de circulación en sentido ascendente cara á praza de América desde a intersección co Primeiro Cinto, ademais dun carril-bus en sentido descendente cara á saída da praza de América cara ao Primeiro Cinto e dobre sentido de circulación desde a intersección co Primeiro Cinto ata a glorieta do cemiterio de Pereiró.
As beirarrúas de ambas as avenidas serán pavimentadas con granito, e nos dous casos a recollida de residuos sólidos urbanos realizarase a través de contedores soterrados para a súa recollida mediante camións.
O orzamento do proxecto de humanización da avenida de Florida ascende a cerca de 6,7 millóns de euros, mentres que o de Castrelos é de algo máis de 5 millóns. O Concello remitiu os dous proxectos na mañá deste luns á Consellería de Política Territorial. As obras, cun prazo de execución duns 20 meses, poderían iniciarse dentro de tres, segundo adiantou Abel Caballero.
O alcalde salientou que as humanizacións das avenidas de Florida e de Castrelos terán a mesma calidade que as xa realizadas noutras zonas da cidade. Ademais, o modelo que seguirán continuarase aplicando en futuras obras deste tipo.
Descargar todas as imaxes