O futuro centro de saúde de Navia terá 17 consultas en medicina xeral e tres en pediatría para atender a 30.000 habitantes
O futuro Centro de Saúde de San Paio de Navia, proxectado para atender a unha poboación de 30.000 habitantes, contempla 17 consultas de medicina xeral e tres de pediatría. Así o salientou hoxe xoves en Vigo a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, na presentación do proxecto arquitectónico do centro, na que tamén estivo presente o alcalde da cidade , Abel Caballero Álvarez.
O proxecto arquitectónico do centro, que tivo un investimento de 96.000 euros, contempla un edificio con dous andares, onde o superior inclúe as áreas de asistencia sanitaria, educación para a saúde, e servizos xerais; mentres que o andar inferior está reservado para persoal e o resto de servizos do centro. En total, o centro terá unha superficie construída de 3.364 metros cadrados, dos que útiles serán 2.775,77 metros cadrados. O investimento previsto para a construción deste centro é de 3.165.00 euros.
O programa funcional deste centro de saúde de Navia contempla 17 consultas de medicina xeral, 14 enfermaría, e unha área específica de pediatría con tres consultas de Pediatra e tres de Enfermería Pediátrica. Precisamente, neste dimesionamento radica unha das novidades de planificación sanitaria, xa que se prevé que cada facultativo teña a súa propia consulta, sen necesidade de compartila, feito que, ademais permitiría absorber crecementos do cadro de persoal.
Ademais contará tamén cunha área de Atención Obstétrica, con consulta de Matrona e sala de Educación Maternal; así como cun área de Odontoloxía, con consulta odontolóxica e outra de hixienista dental; e outra consulta de Asistencia Social. Unha sala de cirurxía menor e tres salas polivalentes completarán a dotación do futuro centro de saúde de Navia.
Das 30.000 tarxetas que se prevén asignar ao centro de saúde de San Paio de Navia, 20.000 corresponderán a veciños e veciñas do propio polígono residencial homónimo no que está emprazado, e os 10.000 restantes corresponderán a zonas adxacentes. A súa entrada en servizo vai supoñer a desconxestión do centro de saúde de Coia, que tamén ten consultas externas do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
Ademais deste centro de saúde de San Paio de Navia, o Servizo Galego de Saúde ten previsto construír en Vigo os novos centros de saúde en Bouzas, no Calvario-Aragón, na Seara, e na zona de Balaídos, sen descartar outras opcións provisionais.