O alcalde reuniuse con Pazos de Congresos para solucionar a parálización do Auditorio
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este xoves cos representantes de Pazos de Congresos S.A., sociedade concesionaria do Auditorio-Pazo de Congresos de Vigo, para sentar as bases dunha solución á paralización da construción desta infraestrutura, co obxectivo de que se cumpra no prazo e nas condicións previstas.
Caballero afirmou na rolda de prensa posterior á xuntanza que liderará a negociación con Pazos de Congresos S.A. e a UTE César Portela Fernández-Jardón e Idom Ingeniería y Consultoría, redactora dos proxectos básico e de execución desta infraestutura, para "asegurar o inicio das obras o antes posible".
O alcalde anunciou o inicio dun prazo de dez días para analizar as discrepancias entre a concesionaria e os arquitectos arredor das condicións económicas do proxecto de execución do Auditorio, que contemplan un orzamento de 154,5 millóns de euros, sensiblemente superior ao de 85,7 millóns do proxecto básico aprobado polo Goberno local en outubro de 2006.
Caballero cualificou de "límite" a situación creada polas diferencias entre Pazos de Congresos S.A. e os arquitectos e sinalou a necesidade de contar con estudos detallados que permitan coñecer o "custo real" das obras e "fixar unha folla de ruta" para desbloquear a súa paralización. Para iso, o seguinte paso que dará o alcalde será reunirse "de forma inmediata" cos arquitectos.
Ademais, o alcalde volveu garantir que o Auditorio se construirá coas especificacións e no prazo previstos, sen que isto comporte maior financiamento por parte do Concello. Neste sentido, Caballero recordou o "compromiso da empresa coa calidade do proxecto" e desbotou a convocatoria dun novo concurso público.