Mulleres desempregadas beneficiaranse do programa de formación en empresas con compromiso de contratación
O alcalde, Abel Caballero, asinou hoxe mércores un convenio coa empresa Hiperxel,S.L.dentro do "Programa de formación en empresas con compromiso de contratación" que, no marco do Plan municipal de emprego 2004-2007, beneficiará a 10 mulleres desempregadas do municipio de Vigo.
Para o deseño deste curso tivéronse en conta os intereses formativos manifestados polas persoas usuarias do Servizo de orientación laboral e as necesidades detectadas no mercado de traballo.
O alumnado deste curso, seleccionase entre as persoas entrevistadas polo persoal do Servizo de orientación laboral do Concello que teñan dentro do seu itinerario formativo a realización de cursos de formación ocupacional, e a empresa participante, Hiperxel, S.L., asume a contratación do 50% do alumnado que remate satisfactoriamente o curso por un período non inferior a tres meses.
O presuposto para este curso é de 5.220€ no que se inclúen todos os gastos de realización desta acción formativa como son persoal docente, material funxible, seguro de alumnado....
A formación ocupacional con este tipo de actuacións realízase nun ámbito produtivo real, que é a empresa, onde o alumnado pode observar e desempeñar as actividades e funcións propias dos distintos postos de traballo, coñecer as relacións laborais e a organización dos procesos produtivos.
A materialización deste curso faise inmediatamente despois da sinatura deste convenio de colaboración entre o Concello e a empresa Hiperxel, S.L..
Descargar todas as imaxes