Escoitar

"El País" sitúa a páxina web do Concello de Vigo entre as mellores de España

A páxina web do Concello de Vigo ocupa o cuarto posto no ránking estatal elaborado polo xornal "El País" dentro da VII Radiografía de Webs Municipais do seu suplemento semanal sobre tecnoloxía e Internet.

xoves, 19 xul 2007
1184851008hoxevigo.jpg
A Radriogafía pode consultarse na edición impresa deste xoves de "El País" ou a través da web do CiberP@ís. Nela valóranse a través de 16 factores as páxinas web dos municipios españois de máis de 50.000 habitantes, situando a de Vigo só por detrás das de Barcelona, Zaragoza e Xixón. Os aspectos que máis peso tiveron á hora de elaborar a clasificación xeral foron a carpeta do cidadán, os pagamentos e trámites realizados totalmente pola Rede, a accesibilidade (obrigatoria por lei) e a atención ao cidadán por correo electrónico.
Descargar todas as imaxes