Un espectáculo de luz e son con Paulina Rubio en Castrelos
O concelleiro de cultura, Xesús López, o director da Obra Sociocultural de Caixanova, Luis Guede e o promotor do concerto, Bibiano Morón da empresa Articket, presentaron hoxe xoves no Concello o concerto que Paulina Rubio dará o vindeiro domingo 22 de xullo no Auditorio de Castrelos presentando o seu último disco "Ananda".
Paulina Rubio chega a Vigo coa sua nova xira "Luz, Amor y Sonido Tour 2007", para materializar en directo o seu último traballo "Ananda". Esta cita terá lugar o día 22 de xullo ás 23:00 horas no Parque de Castrelos. As entradas para acceder á zona de pagamento terán un prezo de 12 euros en venda anticipada e de 15 euros no despacho de entradas do Auditorio de Castrelos e poderán mercarse anticipadamente na web de Caixanova, www.servinova.com, ou na Taquilla Telefónica da caixa galega chamando aos teléfonos 986110500 e 902504500.
O representante de Caixanova, Luis Guede, asistiu á rolda de prensa para mostrar o entusiasmo que supón para a caixa galega colaborar habitualmente co Concello en diversas actividades, e non esqueceu mencionar o seu orgullo por ser Caixanova a principal patrocinadora das Festas do Cristo da Victoria 2007.
Xesús López recordou a liña que se quere seguir dunhas "festas para todos", e baixo este parámentro a concellería achega a Vigo ao furacán mexicano Paulina Rubio. A artista traerá consigo ao redor de carenta persoas para poder preparar un despregamento de tecnoloxía e son sen precedentes, e todo para arrasar cun espectáculo que pretende deixar abraiados aos seus fans.
Neste último disco Paulina móstrase máis pop-rock que nunca, pero sen deixar de lado as fusións de ritmos que a caracterizaron sempre, por iso na súa actuación ademáis dos novos temas de "Ananda", a artista recordará os grandes éxitos que a converteron na rapaza dourada do pop.
En canto as peticións da cantante, destaca a petición de 18 perfumes no seu camerino que ten que ter moito colorido, así como o seu interese por coñecer cáles son as zonas de "movida" da nosa cidade.
Descargar todas as imaxes