Unha exposición con arte e oficio
A Escola Municipal de Artes e Oficios ofrece ata o 20 de xullo no seu Salón de Exposicións unha mostra conxunta dos distintos obradoiros que traballan no seu seo, entre eles o de luthería antiga, debuxo, moda e confección e escultura e talla en madeira.
Ademais, na exposición, titulada Expoarte e Oficios, pódense contemplar traballos dos obradoiros de pintura, repuxado de coiro, cerámica, gravado, encaixe, artes gráficas, ourivería e construción de instrumentos musicais populares galegos.
Boa parte da mostra está dedicada aos traballos do obradoiro de luthería antiga, destacando neste apartado unha ampla sección formada por diversos tipos de gaitas de diferentes países europeos, desde Irlanda ata Bulgaria, pasando por Francia, Italia ou Portugal. Tamén se poden observar arpas célticas e zanfonas elaboradas polos alumnos deste obradoiro.
Expoarte e Oficios permanecerá aberto ao público ata o 20 de xullo, de luns a venres en horario de 11.00 a 13.00 e de 17.30 a 20.30 horas.
Descargar todas as imaxes