Caballero mantén unha reunión para preparar o Festival Aéreo de Vigo
O alcalde, Abel Caballero, e o director do Festival Aéreo de Vigo, Pablo González, reuníronse este mércores para preparar a mencionada exhibición aeronáutica, que se celebrará o próximo 22 de xullo. O encontro estivo centrado nos aspectos de seguridade e tráfico.
Caballero afirmou tras a xuntanza que o Festival Aéreo de Vigo é "o máis importante de Galicia", xa que consegue reunir un público de 200.000 persoas no contorno da ría. Por iso, o alcalde considera que "temos que estar á altura das circunstancias" e anunciou que convocará varias reunións da Xunta Local de Seguridade para preparar o normal desenvolvemento da exhibición. Caballero engadiu que a primeira reunión deste organismo será, en principio, a próxima semana.
Tendo en conta a grande afluencia de público ao Festival Aéreo de Vigo, outro dos aspectos que se deberán determinar de cara ao 22 de xullo é o do tráfico. Neste sentido, o alcalde adiantou que este mércores se vai pór en contacto coa Concellería de Tráfico para que comece a traballar xunto coa organización do evento nun plan especial de lanzadeiras de autobuses para os asistentes.
O calendario do Festival iniciarase os días 20 e 21 de xullo cos adestramentos dos participantes. O mesmo sábado 21, El Corte Inglés ofrecerá unha gala na que se entregarán os premios "Aviador Piñeiro", á Patrulla Águila, por ser os mellores embaixadores aeoronáuticos de España no mundo; e "Joaquín Loriga", ao Museo Aeronáutico e Astronáutico Español, pola difusión e conservación da cultura aeronáutica española ao longo da súa historia.
O domingo 22 de xullo desenvolverase a exhibición aérea, en horario de 09:30 a 15:00 horas, coas seguinte relación de participantes:
- Ultralixeiros
- Paracaidistas Vigueses Galsur
- Piloto Acrobático: Coco Rey
- Piloto Acrobático: Juan Velarde
- Harriers da Armada Española
- F-16 da Forza Aérea Portuguesa
- Piloto Acrobático: Ali Ortuzk (Turquía)
- Patrulla Milano 52 (España)
- Patrulla Reva (Francia)
- Patrulla Rotores de Portugal (helicópteros)
- Patrulla Flying Bulls (Red Bull)
- Papea (paracaidistas campións do mundo)
- Grupo Alas (récords mundiais)
- Avións da USAF 52 Fighters Wings
- Eurofighter (caza de combate do século XXI)
- Patrulla Águila.
Como presenzas adicionais no Festival Aéreo de Vigo, estarán o autobús de relacións públicas da Armada; un helicóptero Super Puma do Exército do Aire, en estática; stands de venda de artigos relacionados coa aeronáutica, e os xefes de Estado Maior Portugués e Español, xunto con diversas autoridades civís.
Máis información na páxina web do Festival: www.festivalaereovigo.com.
Descargar todas as imaxes