Escoitar

Santiago Domínguez quere unha "semana grande" para Vigo

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez Olveira, manifestou este mércores durante a presentación do concerto de Julieta Venegas do próximo sábado a súa vontade de comprimir o programa das Festas do Cristo para dotar a Vigo dunha "semana grande".

mércores, 27 xuñ 2007
1182947453julietavenegas270607.jpg
Como concelleiro de Comercio e Turismo, Domínguez Olveira mostrouse favorable a unha "concentración" das actividades arredor da festividade do Cristo da Vitoria para "revitalizar" a celebración e conseguir que "a xente visite Vigo polas súas festas", tal e como ocorre con outras cidades.

Respecto ás Festas do Cristo deste ano, o tenente de alcalde sinalou que a Concellería de Festas está traballando para "introducir algún tipo de novidade". Neste sentido, Domínguez Olveira sinalou que "pode haber sorpresas nos próximos días", aínda que a intención do Goberno local é "ter todo pechado" a semana que vén.

Julieta Venegas

As Festas do Cristo arrincan o próximo sábado 30 de xuño co concerto da mexicana Julieta Venegas. Será no auditorio ao aire libre de Castrelos, que ten un aforo de 20.000 persoas. O concerto comezará ás 22.30 horas coa actuación de Tulsa, un dos grupos de máis sona dentro da escena "indie" española. A actuación de Julieta Venegas comezará ás 23.15.

O prezo das entradas para acceder á zona de pagamento é de 6 euros en venda anticipada e de 8 euros no despacho de entradas do Audotorio de Castrelos. Poden mercarse anticipadamente na web de Caixanova (www.caixanova.es) ou na Taquilla Telefónica da mesma entidade, chamando aos teléfonos 986 110 500 ou 902 504 500.

Descargar todas as imaxes