Henri Texier Sextet e a Orchestre National de Jazz de Francia no Imaxina Sons
O Festival de Jazz Imaxina Sons comeza a súa recta final cun conxunto de concertos no que destacan os deste xoves, a cargo do sexteto do reputado contrabaixista francés Henri Texier e da ONJ (Orchestre Nacional de Jazz).
Henri Texier traerá ao Auditorio Municipal un jazz dunha poderosa enerxía rítmica e a abraiante forza improvisatoria do seu fillo, o saxofonista Sebastián Texier. Pola súa parte, a ONJ estreará a praza do Rei como escenario para o festival nunha sentida e peculiar homenaxe á banda británica de rock Led Zeppelin. Este concerto pretende ser unha grande oportunidade para que os afeccionados ao rock se acheguen ao jazz. No espectáculo participará unha big band de dez músicos con arranxos orixinais.
AXENDA PARA O 28 DE XULLO
12.00 Pasarrúas a cargo de Krokodillos
Príncipe e contorno
Outros pases:
19.00 Centro comercial Travesía
21.00 Urzáiz - García Barbón - Terrazas Santiago de Vigo
21.00 Henri Texier Strada Sextet
Prezo: 3€
Auditorio Municipal
23.00 Ciclo «Jazz na noite»: MP4
Entrada libre
Pub Quomo
23.00 Orchestre National de Jazz de Francia «Close to Heaven. Tribute to Led Zeppelin»
Entrada libre
Praza do Rei
AXENDA PARA O 28 DE XULLO
12.00 Pasarrúas a cargo de Krokodillos
Príncipe e contorno
Outros pases:
19.00 Centro comercial Travesía
21.00 Urzáiz - García Barbón - Terrazas Santiago de Vigo
21.00 Henri Texier Strada Sextet
Prezo: 3€
Auditorio Municipal
23.00 Ciclo «Jazz na noite»: MP4
Entrada libre
Pub Quomo
23.00 Orchestre National de Jazz de Francia «Close to Heaven. Tribute to Led Zeppelin»
Entrada libre
Praza do Rei