Recital de poemas de Wislawa Szymborska no museo de Castrelos
Con motivo da exposición "Admirar o tempo", o Museo municipal de Vigo "Quiñones de León" organiza, o xoves 28 de xuño,unha xornada poética adicada á premio nobel polaca Wislawa Szymborska que consistirá nunha lectura escollida dos seus poemas a cargo de tres estudiantes universitarios polacos en formación na Universidade de Vigo.
O recital farase en polaco e galego. En polaco recitarán os estudantes Erasmus da Universidade de Vigo, Sabina Bednarz,
Magdalena Janowska e Mateusz Kapala. En galgo faranno Krysztof Kraszewski, estudiante e Pepa Barreiro, directora da aula de Teatro da Universidade de Vigo.
O acto será ás 20.30 horas no museo municipal "Quiñones de León" con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.
Wislawa Szymborska
Escritora e premio Nobel polaca, considerada unha das voces máis orixinais da poesía contemporánea do seu país. Naceu nunha vila da provincia
de Poznan (Polonia, 1923), pero trasladouse canda súa familia en 1931 a Cracovia, lugar ao que sempre estivo vencellada. O seu primeiro libro
publicado foi "Busco a palabra" (1945), pero non empezou a conseguir recoñecemento literario ata a aparición, en 1952, do seu poemario "Por iso vivimos", que foi seguido de "Preguntas formuladas a unha mesma" (1954), ambos na liña historicista propia do realismo socialista imperante nese momento, froito da súa admiración polo poeta ruso Vladimir Maiakovski e do rexeitamento aos horrores da ocupación nazi en Polonia.
A partir de 1956 desenvólvese en Polonia, coma noutros países da área soviética, un sentimento nacionalista no que participan activamente moitos
intelectuais que buscan unha vía para condenar e superar todo o que foi o período stalinista. Szymborska opta por unha reflexión persoal e intimista
que lle devolva un equilibrio espiritual. Nesta liña escribe "Chamada a Yeti" (1957) que é un axuste de contas co seu propio dogmatismo anterior.
A crítica viu no Yeti a Iósiv Stalin. Séguenlle "Sal" (1962), na que se presenta a vida humana como parte de todo un proceso universal, escrita cun
fino humor e sobriedade; e despois "Cen consolos" (1967), "Gran número" (1976), "Xente na ponte" (1986) e "Fin e principio" (1993), nos que xa aparece perfilado o seu estilo intimista, irónico, paisaxístico e existencialista.
A obra de Wislawa Szymborska está considerada coma unha lírica impregnada de dúbida metódica con claras intencións éticas, ao estilo do poeta español Antonio Machado; dá a casualidade que tamén, coma el, se serve de versos curtos, estrofas clásicas e léxico común, e con estes elementos consegue uns poemas de gran fondura e forza. Polo conxunto da súa obra, que non é moi numerosa, recibiu en 1996 o Premio Nobel de Literatura.
Descargar todas as imaxes