Chefa Alonso actúa o mércores no MARCO dentro do programa de Imaxina Sons
Os concertos do Festival de Jazz Imaxina Sons no salón de actos do MARCO continúan o mércores a partir das 21.45 horas coa actuación da saxo soprano e percusionista Chefa Alonso, que virá precedida dunha mesa redonda ás 20.30 horas.
A coruñesa Chefa Alonso, desde que se internou no territorio da improvisación, profesa unha inclinación natural polo free jazz, a docencia e os espectáculos multidisciplinares. Desde 1995 forma parte do colectivo Musicalibre, co que organiza anualmente o Festival Internacional de Improvisación de Madrid Hurta Cordel.
Da súa actividade docente cómpre destacar o seu paso, como profesora de saxofón, pola Escola Municipal de Música de Tres Cantos e como profesora de improvisación pola Aula de Músicas de Madrid, ademais de numerosos seminarios de improvisación libre solicitados pola Comunidade de Madrid, as Escolas Municipais de Música de Salamanca, León e Tres Cantos, as Universidades de León e Oviedo e a Casa Encendida en Madrid. Os seus seminarios de improvisación libre están orientados tanto a profesores de escolas de música e conservatorios, como a estudantes universitarios e a interesados na improvisación en xeral (músicos, actores, poetas, bailaríns, etc.).
Ademais de participar en grupos estables de improvisación, Chefa Alonso ten tocado ocasionalmente cunha gran variedade de músicos do panorama internacional da música improvisada como Lou Grassi (EEUU), Vanesa Macknes, Philipp Wachsmann, John Edwards, Steve Noble (Reino Unido), Christine Wodraska, Le Quan Ninh (Francia), Ute Voelker y Gunter Heins (Alemaña), Barb Wagner e Co Straiff (Suiza), Pelayo F. Arrizabalaga, Agustí Fernández (España), etc.
No estranxeiro ten actuado en numerosos festivais, como Freedom of the City (Londres, 2006 e 2005); WIM, Festival Internacional de Improvisación de Zug, (Suíza, 2005 e 2004); Festival de Improvisación de Dresden (Alemaña. 2004); Musique et Quotidien Sonore (Albi, Francia), La Flibuste (Toulouse, Francia), etc.
Na actualidade reside en Londres, onde está a realizar o doutoramento en composición e improvisación na Universidade de Brunel cunha bolsa do Ministerio de Cultura de España. Forma parte da Orquestra de Improvisadores de Londres (LIO) e segue nos seus dous grupos estables: Akafree (cuarteto de free jazz no que traballa as súas propias composicións) e Sin Red (cuarteto de improvisación libre). Con estes dous grupos ten tocado por toda Europa (Inglaterra, Suíza, Francia e Alemaña), e realizou ademais una xira por Brasil con Sin Red.
En setembro de 2004 fixo una xira por Estados Unidos e Canadá co dúo que forma coa acordeonista alemá Ute Voelker. Esta experiencia foi rexistrada pola realizadora Barbara Meyer nun documental titulado Orillas.
FORMACIÓN
- Chefa Alonso: saxo soprano e percusión miúda
EN IMAXINA SONS ‘07
- Data e hora: Mércores, 27 de xuño de 2007, ás 21.45 horas
- Espazo: Salón de actos do MARCO
- Prezo da entrada: 2 euros
MP4
Marcos Pin comezou a tocar a guitarra aos oito anos de idade en Lugo, onde asistiu ás primeiras leccións de rock para formarse, antes de se converter en profesor. A súa experiencia daqueles anos levouno a participar en diversas bandas de pop e rock como Fraguel Rock, Ginger Lynn Band e Puntos Suspensivos.
En 2006 publica "Directions", a súa primeira grabación como líder, ao frente dun trío reunido en Holanda. Partindo do hard bop, Pin desenvolveu un repertorio propio moi sólido, que defendeu baseándose no seu gran coñecemento da linguaxe clásica da guitarra.
FORMACIÓN
- Marcos Pin: guitarra
- Max Gómez: batería
- Toño Otero: tenor
- José Ferro: contrabaixo
EN IMAXINA SONS ‘07
- Data e hora: Mércores, 27 de xuño de 2007, ás 23.00 horas
- Espazo: Pub Quomo
- Entrada libre
- Data e hora: Xoves, 28 de xuño de 2007, ás 23.00 horas
- Espazo: Pub Quomo
- Entrada libre.
Descargar todas as imaxes