A Xunta de Goberno Local mantivo este luns a súa reunión constitutiva
A Xunta de Goberno Local reuniuse este luns por primeira vez no novo mandato. Durante o encontro tomaron posesión das súas actas como concelleiras non electas Carmen Silva, do PSdeG-PSOE, e Elena Maure, do BNG.
A reunión da Xunta de Goberno tivo carácter constitutivo e supuxo a primeira toma de contacto dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG con este órgano, que a partir de agora manterá xuntanzas ordinarias nas mañás dos luns coa presenza de todo o equipo de goberno.
Terán dereito a voto o alcalde, Abel Caballero, cinco representantes do PSdeG-PSOE (Isaura Abelairas, Carlos Font, Xulio Calviño, Santos Héctor e Carmen Silva) e, polo BNG, o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e os concelleiros María Méndez, Xabier Alonso e Elena Maure. Os outros seis concelleiros poderán participar nas reunións dando a súa opinión sobre asuntos das súas respectivas áreas.
Tras o encontro, Abel Caballero afirmou que o de Vigo é "un modelo de goberno para o resto das grandes cidades de Galicia". Neste sentido, o alcalde lembrou que o acordo subscrito o pasado venres por PSdeG-PSOE e BNG "é a pedra na que se asenta o Goberno que acaba de tomar corpo", algo que, na súa opinión, permitirá a socialistas e nacionalistas dirixir o Concello conxuntamente durante os próximos catro anos de maneira estable.
O labor do novo Goberno, segundo sinalou Caballero, céntrase actualmente na distribución de competencias entre as distintas concellerías. Para iso, o alcalde encargou xa a cada concellería a elaboración dun programa de actuación baseado no mencionado acordo entre PSdeG e BNG, para "saber cal é o punto cero desde o que partimos".
A Xunta de Goberno volverase reunir o próximo luns, desta vez cunha orde do día "para levar adiante actuacións concretas", segundo adiantou Caballero.