"O acorazado Potemkin" abre o ciclo de cine ao aire libre "Esencias"
O ciclo de cine ao aire libre <a href = 'http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?lang=gal¬icia=8264'>"Esencias"</a>, que se desenvolverá na rúa Progreso, comeza este mércores ás 23.00 horas coa proxección dunha obra mestra: "O acorazado Potemkin", de Sergei M. Eisenstein. "Esencias" é unha iniciativa da Asociación de Comerciantes Zona Centro que conta coa colaboración da Concellería de Turismo e Comercio.
Os mariñeiros do acorazado Potemkin soportan duras e inxustas condicións de vida. A pinga que colma o vaso é o intento por parte dos oficiais ao mando de darlles carne podre para comer. Os mariñeiros comezarán entón unha revolución que máis tarde se estenderá polo porto de Odessa e por toda Rusia.
Baseada en feitos reais, a película esta narrada con soberbia mestría polo pai do cine ruso e un dos grandes mestres do cine mundial, Einsenstein. Malia a constituír un traballo "propagandístico", este filme non deixa de ser unha clase maxistral sobre a montaxe, o movemento da cámara e a narración, con escenas míticas como a da escaleira de Odessa, que sería copiada posteriormente como esquema para resolver secuencias de acción por infinitude de directores.
Tecnicamente, "O acorazado Potemkin" está a anos luz do que se facía na súa época. É unha película fundamental na historia do cine e figura sempre entre as primeiras en todas as listas das mellores películas da historia do cine.
Ficha
"O acorazado Potemkin"
Título Orixinal: "Bronenosets Potyomkin"
Director: Sergei M. Eisenstein
Intérpretes principais: I. Bobrov (mariñeiro), Beatrice Vitoldi (muller do carriño de neno), Julia Eisenstein (cidadá de Odessa).
Nacionalidade: Rusia
Ano: 1925
Guión: Nina Agadzhanova e Sergei M. Eisenstein
Duracion: 80' aproximadamente.
Descargar todas as imaxes