Botadura do cruceiro de poliester da escola obradoiro "Mar de Vigo III"
O escola obradoiro "Mar de Vigo III" clausurouse hoxe coa botadura na dársena do Real Club Náutico do cruceiro de poliester construído polos participantes do proxecto da escola dependente do Concello de Vigo e cofinanciado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia dentro do programa público de escolas obradoiro e casas de oficios.
A embarcación, froito do traballo dos/as alumnos/as da especialidade de Novas Técnicas de Construción Naval, ten 6 metros de eslora e está cabinada. O proxecto abarcou todas as fases de construción, comezando polo modelo en laminados de madeira, do que se sacou o molde do casco, e cuberta para acabar coa construción da embarcación propiamente dita.
Os traballos de acastillaxe, mástil e confeción de velas realizáronos os/as alumnos/as da especialidade de Actividades Náuticas, tamén da escola obradoiro.
O acto da botadura asistiron o alcalde Abel Caballero, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vigo, Santos Héctor Rodríguez, así como o delegado provincial da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, Pedro Borrajo. Posteriormente na sede da escola, na Estrada do Vao-Coruxo, clausurouse o proxecto "Escola obradoiro Mar de Vigo III" coa correspondente entrega de diplomas e certificados aos/ás alumnos/as que remataron satisfactoriamente o proxecto.