Escoitar

Xornadas de portas abertas no obradoiro de luthería antiga da EMAO

O obradoiro de luthería antiga da Escola Muncipal de Artes e Oficios (EMAO) ofrece ata o xoves unha xornadas de portas abertas para todos aqueles que queiran coñecer o seu funcionamento. Ademais, o mesmo xoves, ás 17.30 horas, terá lugar no Auditorio da Escola unha audición a cargo de alumnos do obradoiro.

mércores, 20 xuñ 2007
1182345687lutheria200607a.jpg
Neste pequeno concerto daranse a coñecer algúns dos instrumentos construídos no obradoiro, como un clavicordio do século XVIII e un conxunto de harpas célticas de 36 cordas. Un grupo de alumnos será o encargado de tocar estes instrumentos.

Ademais, os aproximadamente 40 alumnos do obradoiro de luthería antiga elaboran violas de gamba e laúdes renacentistas. Para contemplar o seu traballo, os visitantes poden acudir ás xornadas de portas abertas en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas ata o xoves.

O curso de luthería antiga da Escola Municipal de Artes e Oficios é impartido por Ramón Casal. É totalmente gratuíto e consta dun primeiro curso de iniciación e tres de perfeccionamento. Como complemento a esta formación, os alumnos do obradoiro aprenden a tocar a harpa durante un ano.

Algúns dos instrumentos construídos no obradoiro de luthería antiga formarán parte dunha exposición conxunta dos distintos obradoiros da Escola, organizada para pór fin ao curso actual. A mostra terá lugar no Salón de Exposicións da Escola do 22 de xuño ao 20 de xullo.
1182345687lutheria200607a.jpg
1182345713lutheria200607b.jpg
Descargar todas as imaxes