Escoitar

ConBici celebrará a súa asemblea en Vigo

A Coordinadora en Defensa da Bicicleta ConBici, que agrupa 32 asociacións de España e unha de Portugal, celebra a súa asemblea este sábado no museo Verbum-Casa das Palabras de Vigo.

xoves, 26 abr 2007
1177594314bici260407.jpg
Asociacións provenientes de todas as Comunidades Autónomas manterán ese día, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, un encontro no que se tratarán, entre outros puntos incluídos na orde do día, a admisión de tres novos membros (Denia, Lorca e Logroño), a renovación do Secretariado da Coordinadora, a concesión do V Premio ConBici á Mobilidade Sostible, a valoración da xestión e desenvolvemento da campaña "Mellor ConBici", e a próxima asemblea da Federación Europea de Ciclistas, que se celebrará en Berna.

Os asistentes á asemblea participarán o domingo nunha marcha ciclista entre Vigo e Baiona, localidade onde terá lugar un xantar tras o cal se volverá a Vigo.

A asemblea de ConBici en Vigo foi presentada hoxe xoves polo presidente da asociación viguesa "A golpe de pedal", José Manuel Suárez, e a concelleira de Deportes, Lucía Molares.
Descargar todas as imaxes