Escoitar

Patrimonio Histórico contribuirá á recuperación do muíño de Severo e do Castro

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio López-Chaves, e o presidente da sociedade cooperativa "Consumo consciente Árbore", Manolo Garrido, asinaron hoxe xoves un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción e difusión do patrimonio cultural no muíño de Severo, en Cabral.

xoves, 26 abr 2007
1177594149convenio260407.jpg
Os obxectivos desta colaboración son recuperar o patrimonio etnográfico, fomentar o uso dunha enerxía renovable non contaminante como é a forza da auga e crear un espazo de encontro para os socios da sociedade cooperativa.

Actuación arqueolóxica no Castro

Ademais, Ignacio López-Chaves presentou a contratación dunha asistencia técnica para a redacción do proxecto de actuación arqueolóxica preventiva no Castro, que correrá a cargo da empresa Ares.

Segundo adiantou a representante da empresa, a arqueóloga Herminia Rodríguez, o proxecto de intervención consistirá na instalación dun sistema perimetral, a limpeza da área e o reforzamento das estruturas existentes nela.

Antes de pasar a realizar o traballo de campo, a empresa deberá presentar o proxecto, que deberá recibir despois a aprobación da Xunta de Galicia. O concelleiro de Patrimonio Histórico sinalou que haberá que esperar "uns meses" para que se cumpran estes trámites.
1177594149convenio260407.jpg
1177594169arqueo260407.jpg
Descargar todas as imaxes