Escoitar

Corina Porro e o director de SN Brussels Airlines abordan a implantación da compañía en Peinador

A alcaldesa, Corina Porro, reuniuse hoxe co director xeral para España e Portugal da aerolínea SN Brussels Airlines (resultado da fusión entre Virgin Express e SN Brussels Airlines), Richard Painvin, para abordar a futura implantación en Vigo desta compañía.

xoves, 26 abr 2007
1177591113alcaldia260407.jpg
Corina Porro salientou que o encontro foi positivo e que se enmarca dentro da política que desenvolve o Concello a través da Fundación Provigo para impulsar e incrementar as conexións desde o aeroporto de Vigo. A implantación de novos voos entre Vigo e Bruselas "suporía un paso de xigante", segundo a alcaldesa.

Pola súa banda, o director xeral desta compañía indicou que estudan as distintas posibilidades, os potenciais usuarios (empresarios, pero tamén mariños que se desprazan a África, mesmo relixiosos) e a rendabilidade da implantación desta nova ruta entre Vigo e Bruselas.
Descargar todas as imaxes