O Verbum presenta a súa programación para maio
Paralelamente á presentación da súa <a href = 'http://www.verbum.vigo.org/'>páxina web</a>, o museo Verbum-Casa das Palabras deu a coñecer hoxe xoves o seu programa de actividades para maio, que inclúe exposicións como as dedicadas a Andy Warhol e ao mundo dos xoguetes, obradoiros para nenos e xogos de rol.
Exposición permanente
Museo interactivo sobre todos os ámbitos da comunicación humana: lingua, literatura, ciencia, tecnoloxía, arte, música, poesía, cultura xeral. Deseñado como un espacio cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. É, por tanto, un espazo de entretenemento que permite experimentar e coñecer, a través de xogos, todo o relacionado coa comunicación.
Exposición "The Factory. Andy Warhol e Pietro Psaier"
A partir do 3 de maio o Verbum contará cunha importante selección de obras do creador da Pop-Art Andy Warhol e un dos seus máis achegados colaboradores, Pietro Psaier. A mostra contará con pezas claves na produción do artista como a serie da "Cadeira Eléctrica" ou a lata de "Sopa Campbell". Ata o 24 de xuño.
Exposición "Un mundo de xoguetes"
Esta exposición, centrada no lúdico como forma de comunicación, nace coa vocación de incorporar o xoguete, o lúdico, á exposición que acolle o Verbum. O seu obxectivo é a investigación e a recuperación de xogos e xoguetes antigos e de colección, e o seu estudo e divulgación desde unha perspectiva cultural e pedagóxica, ademais da propiamente lúdica. Ata o mes de xuño. Organiza o Verbum coa Fundación Raquel Chaves, de interese galego.
Exposición "O planeta da igualdade". Cubos M e LL
A exposición concíbese como un espazo interactivo onde podemos aprender cal é o significado da igualdade entre homes e mulleres nos distintos ámbitos da nosa sociedade. "O planeta da Igualdade" forma parte do proxecto "Conta con Elas", dedicado a promover os métodos de loita contra toda clase de desigualdade e discriminación a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Club de lectura para adultos. Ciclo de primavera
Inaugurado o pasado 16 demarzo con grande éxito, o ciclo de primavera do club de lectura para adultos celebrará unha sesión ao mes, na que se presentará a obra dun escritor recente cunha conferencia por parte do autor ou un experto no mesmo. As obras escollidas versarán sobre diferentes materias, procurando sempre que sexan temas de actualidade e interese xeral. Serán sesións abertas a todos os públicos ata completar aforo. No mes de maio celebraranse dúas sesións:
- 16 de maio. "Galicia, medioambiente, tradicións e cultura". Libro seleccionado: "O bosque animado". Wenceslao Fernández Flórez.
- 30 de maio. "Animación á lectura". Posta en escena dunha ficción literaria. Libro seleccionado: "Como unha novela". Daniel Pennac.
HORARIO: 20.30 horas
PREZO: sesións gratuitas.
Obradoiros de fin de semana. "Verb-Art. O mes das Artes"
Como todos os domingos, no mes de maio, o Verbum organiza actividades para nenos e nenas. Nesta ocasión o museo presenta o ciclo "Verb-Art. O mes das Artes", no que se desenvolverán diversos aspectos das distintas disciplinas artísticas tales como a pintura, a música, ou cine de animación. Estas actividades pretenden que os nenos sexan capaces de comunicar sensacións a través das artes, entendéndoas como unha linguaxe accesible e sinxela capaz de construír e interpretar mensaxes. Para nenos/as a partir de 5 anos.
DATAS:
- Domingo 6 de maio: Rodando!! Obradoiro de cine.Rodaxe dunha película de animación.
- Domingo 13 de maio: Os cadros falan!! Obradoiro de pintura. Traballos de expresión plástica
- Domingo 20 de maio: Mira ó paxariño!! Obradoiro de fotografía. Traballos de fotografía.
- Domingo 27 de maio: Pedro e o lobo. Obradoiro de música. Conto musical e expresión corporal
HORARIO: Todos os obradoiros comezan ás 12.00 horas e teñen unha duración aproximada de unha hora e media.
PREZO: 1 € por asistente.
Ciclo de xogos de rol no Verbum
O ciclo de xogos de rol no Verbum nace coa idea de ofrecer unha alternativa de lecer para os/as mozos/as de Vigo, dando a coñecer esta actividade dende unha perspectiva diferente. Tras unha sesión inaugural e de iniciación, organizaranse seis partidas, con continuidade ao longo doutras tres sesións, con diferentes temáticas e con claras referencias literarias ou cinematográficas. O ciclo rematará cunha sesión de rol en vivo no museo.
Para rapaces e rapazas a partir de 14 anos, agás a sesión en vivo, destinada a mozos/as maiores de 18 anos.
PROGRAMA:
- 25 de maio: Partida de iniciación
- 1, 8 e 15 de xuño: Partidas amateur
- 22 de xuño: Rol en vivo.
HORARIO:
- Partida de iniciación e partidas amateur: de 16.00 a 20.00 horas
- Rol en vivo: a partir das 24.00 horas
PREZO: 1 € por asistente e sesión.
Descargar todas as imaxes