O Pavillón das Travesas acollerá o Campionato Nacional de Baloncesto Special Olympics
Douscentos oitenta e catro deportistas con discapacidade intelectual participan este venres no Pavillón das Travesas no X Campionato Nacional de Baloncesto Special Olympics, co que se queren promover valores como a solidariedade, a convivencia e a aceptación das diferencias e peculiaridades individuais.
O Campionato virá precedido da chegada, mañá xoves, da antorcha que o presidirá. A partir das 20.00 horas, a antorcha acesa partirá do Centro San Francisco, en Coia, e fará o seguinte percorrido: avenida Castelao, avenida Camelias, rúa Romil, paseo de Alfonso, rúa Elduayen, rúa Príncipe, rúa Colón e chegada ás 22.00 horas na nova sede da Alcaldía, onde os integrantes da marcha serán recibidos pola alcaldesa e presidenta de honor de Special Olympics Galicia, Corina Porro.
O venres a partir das 16.00 horas comezarán no Pavillón das Travesas as probas preliminares, nas que se acabarán de configurar os grupos de competición. Ás 19.00 horas terá lugar a inauguración oficial do Campionato, que contará coa presenza da alcaldesa e das 500 persoas que participan no evento, entre deportistas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.
A competición propiamente dita desenvolverase durante toda a xornada do sábado e a mañá do domingo. Participarán 284 deportistas, dos que 167 pertencen a 22 equipos de Galicia e 117, a 18 equipos procedentes doutras 10 comunidades autónomas. Acompañarán aos deportistas 47 monitores galegos e 38 do resto de España.
A entrega de premios iniciarase xa o sábado a partir das 17.00 horas, momento no que acabarán algunhas finais.
Un evento desta envergadura non podería celebrarse sen a colaboración dos máis de 100 voluntarios chegados de toda Galicia pero principalmente de Vigo e a súa comarca, así como de Protección Civil, o 061, a Policía Nacional, a Policía Local e os bombeiros, entre outras entidades e organizacións.
Os deportistas galegos que participan no Campionato proceden das entidades As Burgas e Asfaval (Ourense), CAPD Sarria, Prodeme, Aspanane, Aspnais e Fundación Burela (Lugo), Nuestra Señora de Chamorro, Aspronaga, Apader, Aspadex, Aspas e Apacesco (A Coruña) e CAPD Redondela, Aspavi, Saladino Cortizo, Aceesca, Virxe da O e a anfitriona San Francisco (Pontevedra).
Os deportistas do resto de España proceden das comunidades de Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Castela e León, Cataluña, Estremadura, Madrid, Murcia e Comunidade Valenciana.
Paralelamente á celebración do Campionato terán lugar actividades alternativas como a Feira do Ocio, con actividades lúdicas para os deportistas; o Programa de Saúde, no que se ofrecerá unha revisión gratuíta da vista a todos os deportistas por parte de máis de 60 optometristas voluntarios; e o Programa de Novas Tecnoloxía para Tod@s, con obradoiros formativos que se impartirán aos deportistas. Todas estas actividades tamén se desenvolverán nas Travesas.
O X Campionato Nacional de Baloncesto Special Olympics Vigo 2007 foi presentado hoxe mércores pola concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez; o director xerente de Special Olympics España, Enric Blesa, a presidenta da Asociación Galega San Francisco, Dolores Fernández, e a deportista viguesa María Alonso Berridi.
Descargar todas as imaxes